27 feb 2015

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

http://www.salondolibro.org/
 
PREME NA IMAXE
 
 

17 feb 2015

FESTA DE ENTROIDO 2015



 



11 feb 2015

XORNADA PORTAS ABERTAS!

O Martes 24 de Febreiro ás 16.30 haberá unha xornada de portas abertas para as familias que teñen previsto matricular ós seus cativos como novo alumnado no curso 2015-2016. Poderán ver as instalacións do centro e serán informados de cómo funciona o mesmo.

8 feb 2015

ENTROIDO ENTROIDIÑO CHEGA DA MAN DO MANDADIÑO!

A EEI O GRUPO quere compartir con vos a chegada do Entroido. Para iso propoñémosvos algunhas actividades nas que contamos coa vosa participación.
  • Exposición de fotos antigas. Para facer unha exposición sobre esta celebración, pedímosvos fotografías do alumnado de Entroidos anteriores
  • Refráns, adiviñas e receitas. Tamén poderedes recoller adiviñas, refráns e receitas típicas da data.
  • O mandadiño. A partir do luns, día 9, aparecerá O Mandadiño para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando con versos, qué prendas teremos que vestir do luns ó xoves para que finalmente parezamos unha comparsa.
LUNS: PON ALGO DO REVÉS E VERÁS QUE SORTE TES
MARTES: PON ALGO NA CABEZA PARA QUE NON CHE PODREZA
MÉRCORES: COLGA ALGO NO PESCOZO E BRINCARÁS CO GOZO
XOVES: VEN COA CARA PINTADA QUE DESPOIS PODES LAVALA


(Os elementos que se van traendo son acumulativos)


VENRES: FESTA DE ENTROIDO NO COLE CON PAPADELA E BAILE.        DISFRAZARÉMONOS COS DISFRACES FEITOS NA CLASE!








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela