19 dic 2014

16 dic 2014

14 dic 2014

O NOSO REPERTORIO DE PANXOLIÑAS PARA ESTE NADAL!

(5 ANOS)  


(4 ANOS)
 
 
(3 ANOS)
 

                                                      
                   
    INGLÉS







29 nov 2014

PREPARÁMONOS PARA A CHEGADA DO NADAL...






(preme nas imaxes para poder xogar)




25 nov 2014

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da conmemoración do día contra a Violencia de Xénero, O Concello de Marín puxo en marcha a campaña das "mans violetas". Contáronnos un contiño basado na temática e déronnos material para empregar neste día.

 Feitas as nosas mans...
Na EEI O GRUPO berramos NON A VIOLENCIA!!








  

24 nov 2014

POLA COEDUCACIÓN E IGUALDADE!!

Mañán día 25 é o día internacional da non violencia de xénero. En conmemoración disto deixamos publicados dous videos que amosan moitos aspectos da realidade dos que debemos reflexionar.


Tamén vos deixamos as cancións que cantaremos por e para a coeducación e pola igualdade de xénero.

18 nov 2014

COMEZA A VIAXE...

Esta semana comezamos unha nova aventura. Dende a nosa biblioteca " A charca de Catuxiña", puxemos en marcha as "mochilas viaxeiras", cargadas de contos e recursos cheos de historias máxicas coas que gozar da lectura en familia. A mochila viaxará polas casas do alumnado. Cada semana levaraa un neno, tendo 7 días para gozar do seu contido e plasmar as súas experienciasna libreta de recordos. Desexamos que vos guste a experiencia e coidedes o material.

15 nov 2014

11 nov 2014

2 nov 2014

30 oct 2014

24 oct 2014

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o día das bibliotecas escolares abrimos as portas da nosa ós máis pequenos do cole dándolles así a benvida á "CHARCA DE CATUXIÑA". Disto encargáronse os nosos veteranos, cunha pequena poesía e coa entrega dos carnets da biblio.

14 oct 2014

PREPARÁMONOS PARA A FESTA DO SAMAÍN!!





ORIXE DO SAMAÍN


O calendario celta está dividido en catro estacións:

• 1 de novembro, a entrada do inverno ou “SAMHAIN”.
• 1 de febreiro, “IMBOLC”, palabra que designa a primavera.
• 1 de maio, a chegada do verán ou “BELTAIN”.
• 1 de agosto, a colleita dos froitos ou “LUGNASAD”.


O “Samhain” representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.


Esta festa ten unha antigüidade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa.
Deixan, pois, a súa pegada na Península Ibérica (Galicia, norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra), en Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña.

Palabra gaélica que significa fin do verán, “samhain” implica non só unha festa de transición senón tamén de apertura a outro mundo.

Polo tanto, establécese unha relación cos espíritos dos defuntos que, nesta data, teñen autorización para camiñar entre os vivos.

Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a porta que separa o mundo dos vivos e o dos mortos desaparece
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espíritos ruíns, os celtas colocan comida ou doces fóra das casas.

Tamén acenden fogueiras para guialos e para que se poidan quentar.

Máis tarde, estas fogueiras Son substituídas por nabos grandes que se baleiran e nos que se coloca unha candea acesa.

Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigran a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservarán durante séculos.

Iso si, cambian os nabos por cabazas, que lles parecen máis vistosas e fáciles de enfeitar.


9 oct 2014

UNHA DE OUTONO...



17 sept 2014

10 sept 2014

O NOSO PRIMEIRO DÍA DE CLASE...

Tatiana Andión de Slidely by Slidely Slideshow

9 sept 2014

21 jun 2014

28 may 2014

27 may 2014

EXCURSIÓN A APÍPOLIS. 5 ANOS

Tatiana Andión's Slidely by Slidely Slideshow

19 may 2014

EXCURSIÓN Á GRANXA SERANTELLOS. 4 ANOS

Tatiana Andión's Slidely by Slidely Slideshow

17 may 2014

NOS TAMÉN CREAMOS 2014. A VACA CONDESA

Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora. A EEI O GRUPO un ano máis participa neste proxecto...E aquí vos deixamos a mostra do noso traballo...

14 may 2014

SAÍDA A LOURIZÁN. 5 ANOS



5 may 2014

MARÍN MEDRA ENTRE POEMAS



 

2 abr 2014

22 mar 2014

BENVIDA PRIMAVERA





7 mar 2014

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

 


 

6 mar 2014

ENTROIDO 2014


27 feb 2014

ÚLTIMO DIA DE MANDADIÑA...




E MAÑÁN... FESTA DE ENTROIDO!!!

MENÚ DEGUSTACIÓN O GRUPO

 
 
TOSTAS DE PETER PAN Á MAXIA DE CAMPANILLA

 
 
CANAPÉS CRUXIENTES CON ARAÑEIRAS DE SPIDERMAN



ASADO DE HAMELÍN
 
 
 PEIXE ARCOIRIS Ó FORNO
 
 
TULIPAS RECHEAS DE AMORODOS DA HORTA DO COELLIÑO BRANCO CON NATA
 
 
TARTA DE HANSEL E GRETEL
 


24 feb 2014

ENTROIDO 2014

A EEI O GRUPO quere compartir con vos a chegada do Entroido. Para iso propoñémosvos algunhas actividades nas que contamos coa vosa participación.
  • Exposición de fotos antigas. Para facer unha exposición sobre esta celebración, pedímosvos fotografías do alumnado de Entroidos anteriores
  • Refráns, adiviñas e receitas. Tamén poderedes recoller adiviñas, refráns e receitas típicas da data.
  • A Mandadiña. A partir do luns, día 24 aparecerá A Mandadiña para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando con versos, qué prendas teremos que vestir do luns ó xoves para que finalmente parezamos unha comparsa. Nesta ocasión o tema terá que ver coa cociña.
LUNS: CUN MANDIL NA CINTURA GAÑARÁS MOITA SOLTURA
MARTES: E PARA LIMPAR MÁIS AXIÑA, TRAE UN PANO DE COCIÑA
MÉRCORES: LEVA POSTO UN PANO DE CABEZA PARA QUE SORPRESAS NON APAREZAN
XOVES: VEN COA CARA PINTADA QUE DESPOIS PODES LAVALA

19 feb 2014

COCIÑANDO CONTOS...

http://www.salondolibro.org/
 
(PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA)
 
A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”.

Na nosa escola estamos preparando para o Salón un menú degustación moi especial!! Pronto vos ensinaremos o noso arte para INVENTAR MENÚS!

30 ene 2014

CELEBRAMOS O DÍA CANTÁNDOLLE A PAZ!

 


 





 


 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela