20 mar. 2013

BENVIDA PRIMAVERA!

XOGAMOS NAS VACACIÓNS...

13 mar. 2013

SEMANA DA PRENSA

Esta semana celébrase a "SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA". É unha commemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula e na que "alomenos un día trabállase na aula con xornais".

Na Web "EDUCACIÓN EN VALORES", atopamos cinco boas razóns para levar a prensa á escola:




1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.

Para dar resposta a moitas das preguntas que se fan os cativos sobre este medio de comunicación visitounos un representante do DIARIO DE PONTEVEDRA. Contounos moitas cousas e ensinounos un video moi chulo dunha máquina enorme chamada imprenta....Foi xenial!
 

 
 


 
 
 
 
PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NUN PORTAL CON MOITOS ENLACES.
 

6 mar. 2013

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela