21 dic 2013

17 dic 2013

VISITA DE ANTIGOS ALUMNOS...

Outro ano máis tivemos unha visita moi especial! Antigos alumnos da nosa escola, agora estudiantes no CEIP O Sequelo, agasalláronnos co seu repertorio de panxoliñas. Encantáronnos! Grazas nenos e nenas e grazas ós profes que os acompañan nesta iniciativa e xa tradición entre os nosos centros. Aquí vos deixamos a mostra do ben que o fan!

PANXOLIÑA CON MOITO RITMO...

Dende o CEE de Vilagarcía mándannos felicitacións de Nadal dunha forma moi orixinal...queredes velo? Grazas!

3 dic 2013

O NOSO REPERTORIO DO 2013...PANXOLIÑAS!









PRETO DO NADAL...


 


 
Preme na imaxe e montarás o teu Belén dixital.

25 nov 2013

SAÍDA Ó TEATRO. "NUNCABUNGA"



24 nov 2013

DÍA DA NON VIIOLENCIA DE XÉNERO

O Luns 25 é o día internacional da non violencia de xénero. En conmemoración disto deixamos publicados dous videos que amosan moitos aspectos da realidade dos que debemos reflexionar.


18 nov 2013

MAGOSTO 2013

Tatiana Andión's Slidely by Slidely Slideshow

Tatiana Andión's Slidely by Slidely Slideshow

10 nov 2013

30 oct 2013

SAMAÍN 2013





 


26 oct 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o día das bibliotecas escolares, abrimos as portas da nosa ós máis pequenos do cole para darlles a benvida á "CHARCA DE CATUXIÑA". Disto encargáronse os nosos veteranos, cunha pequena poesía e coa entrega dos carnets da biblio. Por último Catuxiña deixounos unhas maletiñas viaxeiras para os nenos de 3 anos...As profes Lucía e Inés mostraron o que hai no seu interior...








 


12 oct 2013

ACHÉGASE O SAMAÍN





ORIXE DO SAMAÍN


O calendario celta está dividido en catro estacións:

• 1 de novembro, a entrada do inverno ou “SAMHAIN”.
• 1 de febreiro, “IMBOLC”, palabra que designa a primavera.
• 1 de maio, a chegada do verán ou “BELTAIN”.
• 1 de agosto, a colleita dos froitos ou “LUGNASAD”.


O “Samhain” representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.


Esta festa ten unha antigüidade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa.
Deixan, pois, a súa pegada na Península Ibérica (Galicia, norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra), en Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña.

Palabra gaélica que significa fin do verán, “samhain” implica non só unha festa de transición senón tamén de apertura a outro mundo.

Polo tanto, establécese unha relación cos espíritos dos defuntos que, nesta data, teñen autorización para camiñar entre os vivos.

Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a porta que separa o mundo dos vivos e o dos mortos desaparece
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espíritos ruíns, os celtas colocan comida ou doces fóra das casas.

Tamén acenden fogueiras para guialos e para que se poidan quentar.

Máis tarde, estas fogueiras Son substituídas por nabos grandes que se baleiran e nos que se coloca unha candea acesa.

Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigran a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservarán durante séculos.

Iso si, cambian os nabos por cabazas, que lles parecen máis vistosas e fáciles de enfeitar.






29 sept 2013

BENVIDO OUTONO


25 sept 2013

PRESENTÁMOSVOS OS NOVOS ALUMNOS DO COLE!

ALUMNOS DA CLASE DE 3 ANOS A. (PROFE LUCÍA)

ALUMNOS DA CLASE DE 3 ANOS B. (PROFE INÉS)

11 sept 2013

10 sept 2013

O COLE


9 sept 2013

23 jun 2013

22 jun 2013

17 jun 2013

14 jun 2013

NOS TAMÉN CREAMOS. " A ESCALEIRA"

Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora. A EEI O GRUPO un ano máis participa neste proxecto...E aquí vos deixamos a mostra do noso traballo...

Para ver as curtas doutros coles e máis información premede na seguinte imaxe.
.

13 jun 2013

12 jun 2013

26 may 2013

NO PARQUE DE BOMBEIROS. 3 ANOS

20 may 2013

16 may 2013

LETRAS GALEGAS 2013







12 may 2013

5 may 2013

LETRAS GALEGAS 2013. ROBERTO VIDAL BOLAÑO



(PREME NA IMAXE PARA XOGAR)

24 abr 2013

FRAN DE "ILLA DOS NENOS" CONTACONTOS MÁXICOS

Para conmemorar o día do libro ,que foi onte día 23, contamos hoxe coa visita de Fran e Marina da Ludoteca "Illa dos nenos".
Foron contos xeniales, e sobretodo MÁXICOS...ENCANTOUNOS!

23 abr 2013

CAMPAÑA DA FEIRA DE LIBROS USADOS

No cole temos ó gañador da sección infantil na campaña da feira dos libros usados.
 
Ethan é o artista.
 
 
 

22 abr 2013

9 abr 2013

LEONCIÑOS BLOGUEIROS...

Preme na imaxe e descubre todo o que saben e queren saber os leonciños de 5 anos....



   

20 mar 2013

BENVIDA PRIMAVERA!

XOGAMOS NAS VACACIÓNS...

13 mar 2013

SEMANA DA PRENSA

Esta semana celébrase a "SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA". É unha commemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula e na que "alomenos un día trabállase na aula con xornais".

Na Web "EDUCACIÓN EN VALORES", atopamos cinco boas razóns para levar a prensa á escola:




1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.

Para dar resposta a moitas das preguntas que se fan os cativos sobre este medio de comunicación visitounos un representante do DIARIO DE PONTEVEDRA. Contounos moitas cousas e ensinounos un video moi chulo dunha máquina enorme chamada imprenta....Foi xenial!
 

 
 


 
 
 
 
PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NUN PORTAL CON MOITOS ENLACES.
 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela