25 may 2011

EXCURSIÓN A APÍPOLIS ( 5 ANOS)

O martes 24 os nenos de 5 anos fixeron a súa última excursión coa EEI O GRUPO. Fomos a APIPOLIS! e hai que dicir que o pasaron XENIAL! Fixeron e aprenderon un montón de cousas coas abellas! Mirade, mirade! Así foi o día...




Cando chegamos xa estaban agardando por nos os monitores, que foron divertidísimos e moi atentos!! Xuntáronnos e contáronnos un conto...Despois dividíronnos en grupos e fixemos diferentes talleres... Vestímonos de apicultores, fixemos mel, velas, galletas...e moitas cousas mais!!




Despois de moito traballar, chegou a hora de xantar...QUE FAME TIÑAMOS!! Así é que comimos todiño!!E tralo xantar...XOGAMOS, XOGAMOS E XOGAMOS!!



23 may 2011

XOGAMOS CUNHAS DAMAS MOI ATREVIDAS!!


Preme na imaxe para xogar

20 may 2011

VISÍTANOS A RA JULIANA!

Os nenos de 3 anos teñen a mascota de verdade...A ra Juliana visítanos! Mirade que contentiños andan!!


10 may 2011

SAÍDA O TEATRO

Hoxe fomos a Pontevedra ao auditorio de "NOVACAIXAGALICIA"para ver o espectáculo:"CANDO CHOVE E RAIA O SOL" de VIRAVOLTA TÍTERES.



SINOPSE DE OBRA:
Terrible accidente no Pazo do Calendario. ¡Que desgraza!. O calendario ¡Caeu! , todo polo chan. ¡estragouse!. E agora anda o tempo revolto. As estacións tolearon. O señor verán non sabe se é outono ou inverno, e mesmo a señorita Primavera. E ¿don Inverno?. Aos sus anos e saltando cacharelas de San Xoan, como se fose un verán calquera.

Esto hai que arranxalo como sexa, hai que voltar a ordear o calendario. Cada mes na súa estación.

Martiño e o galo Rigoleto, co poder dos refráns e cancións que serven como conxurs máxicos, volverán a poñer os meses no seu llugar para que as cousas sexan como teñen que ser...



8 may 2011

6 may 2011

3 may 2011

OUTRO MAIO NA ESCOLA!!


Este ano tivemos moita sorte xa que puidemos cantar ó redor de dous maios distintos...A familia de Alba (5 anos), quixo compartir con nós estoutro Maio.A ver que vos parece...

O COELLIÑO DE YAIZA


O mes pasado Yaiza de 5 anos, tróuxonos o seu coelliño. Aquí o tendes para compartilo con todos!!


A FESTA DOS MAIOS!!

Este Domingo os nenos do Grupo luciron o seu maio... Tan ben o fixeron que gañaron o 1º premio á interpretación, e por iso deixamos aquí a proba delo...


Isto non podería ser posible sen o esforzo e compromiso dos membros da AMPA. Por segundo ano consecutivo, asumiron a responsabilidade de elaborar non só o Maio, senón tamén as coplas e os ensaios có alumnado. Noraboa polo premio recibido, o cal demostra o froito do voso traballo!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela