29 abr. 2011

ANIMACIÓN A QUE SABE A LÚA?

A partir do conto que xa colgamos anteriormente A que sabe a lúa?, fixemos unha animación e inventamos unha cantiga...A ver que vos parece o noso último traballo!

CONTOS PARA UN CALDIÑO...

O mércores tivemos visita no cole... Andreaeaeaeaeaea! Unha contacontos xenial. Xa a coñeceramos no salón do libro e o outro día puidemos disfrutar unha vez máis de Baobab teatro. Nesta ocasión fíxonos un caldo de contos...E quedou riquíiiiiiiiiiiiiiisimo! Aquí vos deixamos algunhas fotiños...



28 abr. 2011

O CROCODILO NAMORADO

Seguimos atopando actividades chulis para traballar os contos....Polo tanto seguimos achegándonos ó fantástico mundo da literatura e como non fomentando a lectura!



15 abr. 2011

NA EEI O GRUPO CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o día do libro. En conmemoración do mesmo na escola levamos a cabo unha serie de actividades; creación de marcapáxinas para intercambiar con outros coles, exposición dos contos favoritos dos nenos na aula,e participación na campaña organizada pola concello de marín " Érase unha vez un libro...libre" Esta campaña nace co obxectivo de difundir a cultura a través da lectura, promovendo cos nosos propios medios, a liberación masiva de libros nese día. A actividade consistiu na previa recollida de libros en tódolos coles e asociacións. E hoxe día 15 levamos a cabo a súa liberación, empregando como zona de cruce o Palco da Música da Alameda de Marín. Alí unha vez presentado o acto, liberáronse de forma conxunta os exemplares, e cada un de nós collemos un libro que foi donado por outra persoa...

Queredes ver como foron as nosas experienzas? Pois aquí vos queda unha recopilación das fotos relacionadas co día do libro.


10 abr. 2011

OS NENOS DE 4 ANOS ESTÁN DE OLIMPIADAS

Os nenos de 4 anos están traballando nun tema novo...AS OLIMPIADAS!
Aquí lles deixamos unha actividade chulísima feita no cole de Moaña fai dous anos.

CONTO E ACTIVIDADES A OURUGA GLOTONA

Seguindo con temas primaverais...Aquí vos queda un conto que lle contamos moito ós nenos e que lles encanta. E a continuación podedes xogar no libro lim que atopamos mergullándonos na rede.Este mesmo foi creado no cole de Viñas.Podedes atopar moitas máis actividades e cousiñas moi interesantes no seu blog. www.duendesjuguetones.blogspot.com






http://engalego.es/almacen/lim/orugaglotona/lim.swf?libro=orugaglotona.lim

3 abr. 2011

XOGAMOS EN PRIMAVERA!

Buscando algunha actividade relacionada coa primavera atopamos esta tan completiña de ANA MARTINEZ REY,na páxina Educalim.Esperamos que vos guste!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela