26 mar. 2011

24 mar. 2011

QUE BEN O PASAMOS DE EXCURSIÓN!!

Como ben sabedes o martes día 22, os nenos de 3 anos fomos de excursión. Pasámolo xenial! Esta saída foi do máis completa.

A viaxe fixémola no BABITREN. Tiñades que ver que cariñas puña a xente cando nos vía a tanto neno xunto nun trenciño tan chulo pola autovía e cun coche de policía que ía marcando o camiño!!




A primeira parada do tren foi no parque de BOMBEIROS! Alí explicáronnos moitas cousas sobre o seu traballo e as súas ferramentas. De feito descubrimos que un dos bombeiros era amigo de Spiderman e outro de Hulk.
O que máis nos gustou foi cando puxeron nas nosas mans aquelas mangueiras tan longas e puidemos lanzar auga. FOI XENIAL!



Máis tarde fomos á xefatura da POLICIA LOCAL. Alí Richard mostrounos todas as instalacións, os coches, os instrumentos de traballo... E aínda tivemos tempo para ver unha peli de educación vial....

20 mar. 2011

CHEGOU A PRIMAVERA!!




19 mar. 2011

CHIBOS CHIBÓNS!!

Aquí vai outra actividade feita polos profes da EEI O GRUPO, basada no conto de kalandraka que tanto lle gusta ós pequechos, titulado CHIBOS CHIBÓNS

Esperamos que vos guste!

15 mar. 2011

13 mar. 2011

TOCA XOGAR CON POCOYO!!

Mirade que actividade máis chuli atopamos no blog de Casalonga...Premendo na imaxe poderedes acceder á mesma.

5 mar. 2011

QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!



POSANDO CÓ MANDADIÑO!!



3 mar. 2011

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela