27 sept 2010

XOGAMOS CO CORPO!!

CACANIMALES!!

Premendo na imaxe accederedes a outra das actividades que estamos a facer na pantalla máxica. Deixo o enlace para que poidan xogar na casa.


ACTIVIDADE CLASE 5 ANOS A

22 sept 2010

A CLASE DE 4 ANOS A

21 sept 2010

ATA SEMPRE BREIXO!!

18 sept 2010

ACTIVIDADE DE 4 ANOS B

14 sept 2010

Descubrindo a pantalla máxica!!



Os nenos de 5 anos B foron os primeiros en descubrir e experimentar coa pantalla dixital, tamén coñecida como..."PANTALLA MÁXICA". Este mesmo día tamén nos sacamos unhas fotiños para crear o noso propio xogo...O resultado é o seguinte!!


Para xogar a pantalla completa hai que premer na xaneliña que aparece na parte superior dereita da actividade, e para comprobar se está correcta ou non, premendo na v que aparece na parte inferior da mesma.


Nos próximos días irán os nenos das outras clases e tamén serán colgadas as súas actividades!!

O SOÑO DO OSIÑO ROSA

Esta é a primeira actividade que estamos a levar a cabo na pantalla dixital...Como lles está gustando tanto resolver os exercicios do conto queda aquí publicado para que poidan xogar nas súas casas...

10 sept 2010

PRIMEIRO DÍA DE COLE...4 e 5 anos

Hoxe foi o primeiro día de cole!! Que nerviosos e contentos estabamos todos!!Foi un día de moita ilusión xa que volviamos a ver os compis, estrenabamos clase,e tamén profes!!Que ben!!

Esperanos un ano moi divertido!!



6 sept 2010

Arrancamos motores!!



O Venres, día 10 de setembro comeza o curso escolar 2010-2011, no que viviremos novas aventuras, aprendizaxes e vivencias que compartiremos coas familias, e demais membros da comunidade educativa. O claustro da escola de educación infantil O Grupo, aproveitamos para darvos a benvida ao novo curso. Esperamos ansiosos a chegada dos peques ás aulas, cargados de enerxía, ilusións e novos proxectos, coa finalidade de que este sexa un ano cargado de logros e emocións para todos.












Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela